miércoles, 19 de junio de 2013

Caballos salvajes en las tierras de Montes

Documental de 28 min. sobre "A rapa das bestas de Sabucedo"


Desde hace 350 años se rapa a los caballos salvajes de Sabucedo como parte de un antiguo ritual de higiene y desparasitación. Los caballos son llevados al curro, recinto circular donde son rapados por los aloitadores, luchadores que inmovilizan al caballo con las manos vacías...


martes, 18 de junio de 2013

Mesa redonda e proxección do documental "A rapa das bestas de Sabucedo" na Casa de Galicia de Madrid

  


O acto que acolleu a Casa de Galicia foi organizado en colaboración cos "Amigos dá Estrada e Terra de Montes"

Madrid, 17 de xuño de 2013

"Imos asistir a unha visita virtual a unha das festas máis espectaculares de Galicia e atrévome a dicir que de España", explicou o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega na presentación da mesa redonda e a proxección do documental; "é unha oportunidade para comprender esta tradición cultural que se remonta a principios do Século XVIII e que foi declarada de Interese Tuístico Internacional en 2007 pola UNESCO".

No acto, organizado en colaboración cos "Amigos dá Estrada e Terra de Montes" estivo presidido por Ónega e nel interviñeron: o primeiro tenente de alcalde do Concello da Estrada, Juan Constenla Carbón; o pedagogo e escritor José Manuel Cabada Álvarez, e o xornalista e profesor da Universidade Complutense, José Manuel Rivas Troitiño.

Tamén se proxectou o documental "A rapa dás bestas de Sabucedo", producido polo Concello pontevedrés da Estrada, e grazas ao cal, os asistentes que non coñecían a festa puideron achegarse ao que significa esta cita anual coa natureza que se produce cada primeiro fin de semana de xullo.

Para Ónega, "Sabucedo soubo conservar aquel mito dos celtas, aquel sono poético que transcende os tempos, as épocas e os costumes".

Rivas Troitiño centrouse especialmente no Aspecto etnográfico da zona. Explicou que "A Terra de Montes está vertebrada en torno ao Mosteiro de Acibeiro (1135), e as súas xentes caracterízanse por un "entusiasmo pola cultura, a aprendizaxe e o esforzo" como o proba o feito de que apenas houbo analfabetismo. Xeograficamente, é a cabeceira do Lérez e abrangue os municipios de Forcarei, Cerdedo, máis parte de Beariz (Ourense) e A Estrada.

Sabucedo está nos límites da Terra de Montes e xa había cabalos no petroglifo de Campolameiro hai 3600 anos. A tradición di que é "Terra de cregos, canteiros e gaiteiros". É terra de enxeñeiros, médicos, emprendedores de todo tipo e berce de tres coñecidos políticos: Xosé Luis Barreiro, vicepresidente da Xunta; Miguel Cortizo, deputado socialista; e Mariano Rajoy, presidente do Goberno, que procede de Trasdomonte.

José Manuel Cabada formulou como se desenvolve a festa de rápa dás bestas en Sabucedo, e unha pormenorizada exposición das diferentes etapas históricas polas que foi pasando. Tamén falou da propia experiencia, cando foi aloitador na súa época de estudante. Un ano quixo facelo cunha egua maior e que fose doada de dominar, pero foi obxecto dun engano e adxudicouse un novo cabalo, forte e brioso, co que se tivo que empregar a fondo, e por cuxa actuación recibiu aplausos e o recoñecemento de veciños e forasteiros. “Non se trata de forza, se non de técnica", dixo Cabada e para iso "hai que ser de Sabucedo ou sentirse do lugar". Cabada pediu un cariñoso aplauso para varios aloitadores que acudiron á Casa, e que recibiron a sentida ovación de todo o público.

Mentres, Constenla Carbón centrou as súas palabras nos atractivos turísticos da bisbarra. Destacou a proximidade a lugares emblemáticos como o Pazo de Oca na Estrada, o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza da Toxa na veciña localidade de Silleda, os restos de castros celtas e o Centro de Augas Termais en Cuntis, ou os petroglifos no pobo de Campo Lameiro. Tamén fixo un conciso repaso polas festas máis famosas, a ruta da Camelia, o entroido  dos xenerais dá Ulla, a festa do Salmón... En relación a rapa, destacou que "máis que o sentido mítico da loita entre o home e cabalo, esta festa cumpre a función de fortalecemento comunal e de convivencia festiva. Un exemplo de solidariedade e irmandamento entre nativos e forasteiros, e onde lles agardamos no mes de xullo".

Casa de Galicia: Departamento de Prensa


Mesa redonda sobre "A rapa das bestas de Sabucedo"

Ayer lunes, en la Casa de Galicia, tuvo lugar una ilustrativa mesa redonda  sobre "A rapa das bestas de Sabucedo", con la participación de José Manuel Rivas Troitiño, José Manuel Cabada Álvarez y el concejal de Cultura de la Estrada Juan Constenla Carbón. El brillante acto, con un auditorio completamente lleno, terminó con la proyección del documental "A rapa das bestas de Sabucedo" de Producciones Trípode, que incluimos a continuación:



jueves, 13 de junio de 2013

Alexia González Barros, a "santiña" de Montes

El "chalé" pos modernista de los González Barros en Soutelo

Más allá de lo poético, nuestra Tierra es una tierra de montaña, dura, donde los frutos son escasos y el trabajo mucho, tanto que el camino de la emigración es el camino más transitado de todos. Pero es también una tierra forjadora de espíritus libres, valientes y generosos, consecuencia quizá de esa rudeza del entorno que moldea los espíritus. Por supuesto, somos pobres, pero tenemos de todo: pintores, poetas, gaiteiros, fotógrafos y, ¡cómo no! nuestra “santiña” de Montes, a la que hoy queremos traer aquí:

Jesús, yo quiero ponerme buena, quiero curarme, pero si tú no quieres, yo quiero lo que tú quieras, decía poco antes de morir.

Iglesia de Soutelo de Montes
Alexia González Barros no nació en nuestra tierra, sino en Madrid. Pero su sangre era de Soutelo y, seguramente, la fortaleza de su carácter también. A los 13 años le diagnosticaron un tumor maligno que la dejó paralítica en poco tiempo. Falleció diez meses después tras cuatro penosas operaciones que no mermaron su voluntad ni su deseo de ofrecer su sacrificio por los demás. Alexia González Barros, la nieta de Don Alfredo, cuyo recuerdo mantiene vivo la iglesia de Soutelo, es un personaje entrañable al que la conocida película "Camino" deformó un tanto. Por eso os dejamos aquí un par de enlaces para que podáis saber algo más de esta niña de nuestra Tierra, una niña como otra cualquiera, pero con una fortaleza de espíritu que la hace destacar por encima de los demás mortales.